viernes, 14 de abril de 2017

Video mensaxe

Hola, chámome Fátima García Piñón e son estudante de 2º curso do Grao en Mestre de Educación Infantil en Lugo.
A verdade é que a miña experiencia previa en canto á creación e xestión de blogs era nula. A partir desta práctica aprendín, non só a xestionar un senón as numerosas ferramentas que atopamos tanto dentro da páxina que utilizamos para créalo como dende fóra para xestionar o blog, a importancia que ten utilízalo como unha ferramenta educativa, e aparte, tamén creo que aprendín a solucionar problemas técnicos que me xurdiron cando me vin soa ante a situación de ter que solucionalos por min mesma.

Non podo valorar o resultado final, pero tendo en conta os puntos que se pedían e o resultado que obtiven, e o empeño e dedicación que lle puxen, creo que a miña nota debería ser un 7.

miércoles, 12 de abril de 2017

Entrada de proba desde o correo

Esta entrada é unha entrada de proba realizada para poñer en práctica o funcionamento da publicación de entradas desde o correo electrónico como parte da práctica 2 da materia.

Entrada realizada por un contribuinte a este blog

Chámome Albano Monteagudo Santos e son estudante do Grao en Mestre de Educación Infantil en Lugo.

Realizo esta entrada no blog da miña compañeira como cumprimento á actividade número 7 desta práctica.

Vantaxes dun Edublog

Nesta imaxe obsérvase un sinxelo esquema das principais vantaxes utilizar os Edublog como parte da metodoloxía de aula.

















A cotinuación, temos un vídeo sobre a innovación na aula mediate a utilización de blogs:

Que é un edublog

Que é un edublog?
Os edublog son blogs especializados cun obxectivo educativo. Son páxinas virtuales xestionadas por un ou varios autores nas que cada xestor ten a posibilidade de adxuntar información desexada, enlaces e recursos que faciliten a práctica docente e o desenvolvemento das aprendizaxes dunha materia . Ademais, permiten a interacción co alumnado e a participación do mesmo na mellora dos procesos de ensinanza-aprendizaxe. Trátanse de ferramentas do ámbito das TIC cunha finalidade de apoio aos procedementos educativos sen limitar a acción ao interior da aula.
As súas características son sinxelas e prácticas:
1.      Facilidade de uso.
2.      Contido hipertextual e multimedia.
3.      Orgaanización cornolóxica e temática.
4.      Sindicación de contidos mediante RSS.
5.      Permiten pensar, escribir, compartir e participar.
6.      Ampliación das súas funcionalidades (widgets).
Este tipo de weblogs resultan moi útiles, como xa mencionei, como fonte de apoio para o traballo da materia, pero non son prácticos se tratamos de utilizalos como método único. Para obter resultados positivos, a práctica debe combinarse coa utilización de diversas ferramentas, recursos e métodos.
Entre as funcións dos blogs educativos atopamos:
-    Ofrecer unha fácil accesibilidade a apuntes, tarefas, lecturas, recursos teóricos e prácticos, etc.
-    Establecer aclaracións, comentarios e ampliacións da materia.
-    Permitir a exposición de ideas e opinións.
-    Permitir o intercambio común de información.
-    Facilitar a participación do alumnado na práctica educativa tanto de forma individual como grupal.
-    Favorecer a colaboración de alumnado e profesorado para crea un produto final conxunto: o coñecemento da materia.
-    Ofrecer métodos máis interactivos e prácticos para a aprendizaxe.

Ferramentas ou programas para a creación dun blog
            Atopámonos ante tres posibilidades diferenciadas á hora de escoller as ferramentas para a creación dun blog.
1)      Se traballamos cun servidor propio cun total control sobre as aplicacións podemos utilizar wordpress, flashblog, B2Evolutio, etc.
2)      Se traballamos nun sistema cerrado gratuíto, as opcións son blogger, wordpress.org (diferente uso que wordpress), Tumblr, Live Journal, Blogia, etc.
3)      Se traballamos cun blog integrado nunha plataforma e-learning, podemos utilizar Moodle ou Blackboard.

Usos dun blog nunha pedagoxía constructuvista
            O constructivismo afirma que o coñecemento non se adquire. Este constrúese a partir de esquemas de información previos integrados no sistema cognitivo de cada individuo e orixínase na necesidade das necesidades xurdidas. Aprendemos dos erros e da obligación de resolvelos. Modificamos o que cremos coñecer en función dos resultados que obtemos destes coñecementos previos e creamos uns novos.
Ademais, a formación non é un proceso estancado, senón que flúe no tempo e necesita de mantemento.
 Tíscar Lara afirma: “En el nuevo paradigma educativo es necesario “aprender a aprender”, puesto que la formación no se ciñe a un espacio y tiempo determinado, sino que exige mantener cierta capacidad de aprendizaje a lo largo de toda la vida (long-life learning).”
Desta explicación, enténdese a importancia de aprender a aprender que xorde desta pedagoxía.

 Utilidades dos edublog nunha pedagoxía cosntructivista :
-    Medio de comunicación entre profesorado e alumnado sobre temas da materia común. (Non se utilizaría como unha ferramenta para solucionar problemas ou incidencias individuais, senón para informar de novidades, cambios ou erros na información que se pon en común e para ofrecer novas ideas, opinións, conclusións e posibilidades que resulten útiles para o conxunto da aula, tanto alumnado como profesorado)
-    Plataforma para compartir os novos coñecementos individuais ou dúbidas xurdidas que poden afectar á información e proceso educativo común.
-    Método para crear conxunta e colaborativamente a información (textual, multimedia, práctica, etc,) final, que construirá un coñecemento común.
-    Ferramenta de adquisición de coñecementos e habilidades multidisciplinares:
-          Coñecementos sobre a materia.
-          Habilidades para a busca de e selección de información.
-          Capacidade de reflexión e redacción.
-          Capacidade para valorar de forma obxectiva o traballo propio e douta/os.

Usos dos edublog nunha clase de E. Infantil:
Resulta obvio que tratándose de Educación Infantil, é imposible pedirlle á/os alumna/os que xestionen un blog propio ou que participen activamente de forma individual nun blog conxunto. Non obstante, podemos adaptar a tarefa a este ciclo.
Algúnhas solucións de adaptación e utilidades dentro da Educación Infantil:
-     O edublog da aula estaría xestionado pola/o mestra/e pero a información sería seleccionada, e comentada na aula coa colaboración co alumnado para traballar as habilidades mencionadas con anterioridade de busca e selección de información.
-    Tamén se introduce deste xeito o uso das TIC e os recursos informáticos dentro da aula.
-    Mediante as reunións de reflexión sobre a información, comezarán a adquirir a capacidade de valorar distintas opinións e posibilidades así como a respectar as quendas de fala e a posibilidade de non coincidir entre as diferentes opinións xurdidas.
-    traballo fora da aula non pode ser realizado pola/os nena/os individualmente, pero aquí ábresenos outra posibilidade con moita importancia na etapa da E. Infantil: A participación das familias. As familias poden realizar a mesma acción que se leva a cabo dentro da aula por parte da/o profesor/a no fogar, buscando e comentando información cos pequenos e compartíndoa no blog.
-    O blog tamén pode servir para que os proxenitores ou familiares compartan novas ideas e opinións ou resolvan dúbidas sobre as prácticas da aula con respecto a este exercicio.