Estrutura dun edublog

Falamos de estruturas

Á hora de crear un blog, sexa cal sexa a finalidade deste, é importante ter en conta que resulte cómodo para a súa utilización tanto para o creador como para os futuros visitantes da páxina.
Os edublogs están deseñados cun obxectivo de apoio para o proceso de ensino-aprendizaxe, polo que resultará primordial que  profesorado, alumnado e familias podan acceder e participar nel da forma máis sinxela posible.
Persoalmente, creo que a mellor forma é deseñar un blog de estrutura sinxela, cunha columna principal predominante e unha columna lateral na que engadir os diferentes gadgets.


A simplificación pode axudar moito á hora de moverse polas páxinas. En ocasións, tratmos de expoñer todo o contido posible a simple vista e o que logramos é manter unha páxina aparentemente sobrecargada con demasiados conceptos e puntos aos que prestar atención, o que dificulta en moitas ocasións atopar algo concreto. Na miña opinión, é preferible escoller títulos sinxelos, e deseños simples que non mostren demasiada información, para evitar a saturación do blog a simple vista. Tamén me parece boa idea engadir imaxes que representes conceptos ou partes, pois ademais de mellorar esteticamente o blog, axudan a orientarse e a visualizar o contido. 
Estos son algúns exemplos de edublogs que me pareceron interesantes pola súa sinxeleza:


Blog: EL RINCÓN DE INFANTIL
http://elrincondeinfantiljuancarlos1.blogspot.com.es/



Blog: MIRAMOS AL MAR
http://miramosalmar.blogspot.com.es/




Blog: A CLASE DE BEA
https://aclasedebea.blogspot.com.es/
En canto á cuestión estética, dependerá do gusto persoal de cada un, pero na miña opinión, resulta tamén necesario un equilibrio. Moitos blogs educativos, sobre todo en Educación Infantil, recargan os seus fondos co múltiples debuxos infantís, miles de cores brillantes e formas moi extravagantes, e resultan sobrecargados e pouco estéticos, ademais de restarlle protagonismo ao contido. Moitas veces, resulta preferible un blog simple cun contido relevante.

Elementos
O edublog pode estruturarse de numerosas maneiras diferentes en función dos gustos e usos de cada un.
Persoalmente, considero que, xa que se trata dunha ferramenta de apoio á educación, deben atoparse con facilidade determinados elementos comúns independentemente do blog.
Por exemplo, penso que é importante un apartado para que alumnado e familias plasmen as súas dúbidas en público para que as respostas resulten orientativas para o resto do grupo.
Tamén me parece necesario engadir enlaces interesantes para que alumnado e familias poidan investigar e colaborar ou simplemente informarse sobre os diferentes temas tratados. Ademais, paréceme de moita utilidade engadir as bibliografías e recursos coa mesma finalidade.

Para isto, podemos engadir diferentes gadgets ofrecidos por blogger.com como a Lista de Blogs, a Lista de enlaces ou unha Lista personalizada.












Engadir un gadget de Entrada destacada pode axudarnos a facer chegar información moi importante ou incluso de urxencia.






Tradutor, que permite que si algún visitante ou colaborador do blog non entende a lingua, este poda traducir a páxina.






Tamén o gadget Búsqueda de blogs facilita a navegación polo noso edublog.





Actividades
As posibilidades á hora de realizar no blog son moi numerosas e creo que dependen en gran medida da materia que se traballe e os usos que se lle queiran dar.
Sen entrar en especificar contidos e obxectivos, algo común entre as posibilidades e a utilización do blog, como comentaba en posts anteriores, como unha ferramenta de colaboración e colmpartición. Isto significa, que sen lugar a dúbidas, utilizaría o blog como un punto de encontro entre mestra/es, alumna/os e familias para recadar, seleccionar, organizar, comentar e traballar información e ideas diversas.




No hay comentarios:

Publicar un comentario