Realidade Aumentada

Que é a realidade aumentada?
 Carlos Prendes Espinosa define, no documento REALIDAD AUMENTADA Y EDUCACIÓN: ANÁLISIS DE EXPERIENCIAS PRÁCTICAS , a realidade aumentada  como unha tecnoloxía que superpón modelos 3D ou outro tipo de información xerados por ordenador, sobre unha imaxe real obtida a través de imaxes.
Coñécese a realidade aumentada como unha tecnoloxía que permite combinar o entorno real con imaxes virtuais creando unha realidade virtual alternativa en tempo real.

Aplicacións para a utilización da RE
Star Walk 2 de Vito Technology: trátase dunha aplicación que utiliza a tecnoloxía da realidade aumentada para ofrecer a posibilidade de observar as estrelas e constelacións con claridade dirixindo os teléfonos móviles cara o ceo. Esta aplicación é equivalente á app Google Sky Maps, que ten a mesma finalidade.
Layar: esta aplicación utiliza ferramentas presentes nos dispositivos móbiles como a cámara ou o GPS para obter información contextual, como búsuqedas en Wikipedia sobre o lugar de localización, usuarios de redes socias coñecidos próximos, etc.

Proxectos con Realidade Aumentada
Proxecto “Valdespartera es cultura”
            Este proxecto foi realizado pola clase de 1ª de Educación Infantil (3 anos) do CEIP Valdespartera (Zaragoza).
Mediante este proxecto, estudaron obras escultóricas do seu contorno mediante a utilización de códigos QR e modelos en 3D de realidade aumentada.
Utilizaron o banco de imaxes 3d gratuítas de SketchUp e a aplicación de www.mundobakia.com  co modelo 3D de “la Torre de la Luz” para descubrir volumes e perspectivas.
Londres a través de RA
Este proxecto realizouse coa aplicación Aurasma. Os nenos e nenas da clase de E. Infantil liderada pola mestra Cati Navarro, explicaban os lugares de interés turístico de Londres tas enfocalos nun plano.

Actividade con RA
       Unha posible actividade para realizar cos nenos podería ser a investigación sobre o ceo nocturno con toda a clase. Aproveitando os meses de outono-inverno, nos que oscurece bastante cedo, podería realizarse unha saída extraescolar polos contornos do cento cando o ceo nocturno xa fose visible, e mediante a aplicación mencionada anteriormente, Star Walk 2, poderiamos introducir a clase no mundo da astronomía.
As saídas educativas nocturnas non acostuman a ser moi habituais, e ademais, raramente se pon en contacto aos pequenos destas idades co espazo exterior dunha forma tan real, polo que o exercicio pode resultar motivador, interesante e entretido.

Ademais, as posibilidades posteriores para comentar e realizar proxectos e actividades co temas das estrelas e dos planetas resultan numerosas, sinxelas e creativas.
Buscaríamos un lugar aberto (previamete escollido) donde todo o grupo se poida mover con facilidade e atoparse cómodo para deleitarse coa visión dos astros. Unha vez alí, utilizaríamos esta aplicación con axuda de variso dispositivos que se repartirían entre distintos grupos para que toda/s poidamos ver con claridade.
Para esta actividade tamén poderíamos valernos de LearnAR , outra aplicación de realidade aumentada para mestres e estudantes con actividades sobre diversas áreas (ciencias, matemáticas, anatomía, física, xeometría e idiomas).
Mediante esta saída e o uso destas dúas aplicacións, introduciríamos á clase no mundo da realidade aumentada así como no estudo da astronomía e da física.


No hay comentarios:

Publicar un comentario